viernes, 14 de mayo de 2010

PRÁCTICA 4: Realización de materiais didácticos con Publisher




A elaboración desta tarea consta de tres grandes bloques: a elaboración dun tríptico , a elaboración dunha páxina web e finalmente as anotacións de todo o proceso .
Con esta práctica familiariceime con algunhas ferramentas como o programa Publisher para a creación de material cun formato final impreso (tipo cartelería) ou a elaboración de páxinas web. Así, coñecin outra ferramenta que facilita a construcción de materiais didácticos propios para o seu uso en Educación Primaria.






A elaboración do folleto de información sobre o medio ambiente resultoume fácil e interesante.

A publicación impresa elexida é un folleto informativo no que o principal obxectivo é que tanto os alumnos como os profesores e familia o lea, aprenda a importancia da natureza e se conciencie de que é necesario cuidar do medio ambiente.

O contido diste tríptico son imaxes e texto explicativo das mesmas . Na páxina principal do folleto centreime en explicar unha árbore, concretamente o roble. No interior da publicación ademáis de comentar máis características propias do roble tamén fixen fincapé no importante que é coidar todo o noso entorno.

Exemplo:

O seguinte paso foi a realización da Webquest. A principal razón pola que realicei esta Webquest é porque creo que é necesario adaptarse as novas tecnoloxías e este é un bo método para poder mostrar ó alumnado aqueles recursos de interés.

A Webquest consta de imaxes que fai que o texto resulte moito máis entretido. Ademáis adxunteille hipervínculos as imaxes e os textos que dirixen a unhas páxinas webs sobre o tema de interés.

Exemplo Webquest

Por último, realizar unha avaliación de todo o proceso e elaboración do traballo.

A resolución da práctica foi laboriosa pero non demasiado complexa. Atopeime con algún pequeno inconvinte, por exemplo encontrei dificultade a hora de encontrar actividades divertidas para que lles resulten amenas ós nenos/as , pero finalmente encontrei na rede algunhas actividades interesantes.

A práctica pareceume moi interesante e entretida, sobre todo porque creo que me pode ser de gran utilidade no futuro como docente. Creo que esta actividade pode ser de gran axuda e utilidade para motivar ó alumnado a aprender a materia.

.


No hay comentarios:

Publicar un comentario