jueves, 13 de mayo de 2010

PRÁCTICA 2: Selección e avaliación de páxinas e recursos web


A segunda actividade consisitiu en buscar na web, diferentes recursos educativos tanto para o profesorado como o alumnado de primaria.

O primeiro paso foi seleccionar un tema de interese para a continuación buscar actividades que trataran ese contido. O tema seleccionado foi o medio ambiente.

O seguinte paso foi realizar a búsqueda en webs institucionais. Este paso foi sin lugar a dúbida, o máis laborioso, pois a tarefa era minuciosa, xa que na web hai un gran número de recursos polo que se fixo traballoso encontrar aqueles sobre o tema específico elexido con anterioridade.

O terceiro paso consistiu en elexir tres recursos daqueles encontrados na web que se dirixiran ao profesorado e tres que se dirixiran ao alumnado . Unha vez feito esto, comenzaríamos a tarefa creando un documento Word no que coloquei as miñas anotacións sobre os recursos, tales como: indicar a dirección exacta onde se atopa na web; mostrar unha captura da pantalla sobre o recurso atopado; sinalar o percorrido exacto ata atopalo... Este paso resultou algo complexo.

O cuarto paso foi similar ó anterior. A tarefa encomendada era semellante, excepto que esta vez a búsqueda debíase realizar en portais educativos distintos os das Consellerías de Educación, polo tanto a actividade foi incluso algo máis rebuscada, pero o final resolvina sin dificultade.

O último paso foi elaborar unha autoavaliación na que comentei todas as miñas dificultades a hora de realizar o traballo e tamén todos aqueles aspectos positivos que adquirin despois da realización de dita tarefa.

Cómo conclusión podo decir que con esta actividade conseguin os seguintes obxectivos:

- Desenvolver actitudes investigadoras na procura de información.
- Identificar posibles bancos de recursos na Web para o profesorado e o alumnado de Educación Primaria.
- Analizar as páxinas web institucionais e outros portais educativos.
- Elaborar unha base de datos de portais educativos dirixidos para o seu uso en E.P.

No hay comentarios:

Publicar un comentario