
Deste xeito traballei con ferramentas da web 2.0 en xeral, e particulamente co blog.

A publicación impresa elexida é un folleto informativo no que o principal obxectivo é que tanto os alumnos como os profesores e familia o lea, aprenda a importancia da natureza e se conciencie de que é necesario cuidar do medio ambiente.
O contido diste tríptico son imaxes e texto explicativo das mesmas . Na páxina principal do folleto centreime en explicar unha árbore, concretamente o roble. No interior da publicación ademáis de comentar máis características propias do roble tamén fixen fincapé no importante que é coidar todo o noso entorno.
Exemplo:
O seguinte paso foi a realización da Webquest. A principal razón pola que realicei esta Webquest é porque creo que é necesario adaptarse as novas tecnoloxías e este é un bo método para poder mostrar ó alumnado aqueles recursos de interés.
A Webquest consta de imaxes que fai que o texto resulte moito máis entretido. Ademáis adxunteille hipervínculos as imaxes e os textos que dirixen a unhas páxinas webs sobre o tema de interés.
Por último, realizar unha avaliación de todo o proceso e elaboración do traballo.
A resolución da práctica foi laboriosa pero non demasiado complexa. Atopeime con algún pequeno inconvinte, por exemplo encontrei dificultade a hora de encontrar actividades divertidas para que lles resulten amenas ós nenos/as , pero finalmente encontrei na rede algunhas actividades interesantes.
A práctica pareceume moi interesante e entretida, sobre todo porque creo que me pode ser de gran utilidade no futuro como docente. Creo que esta actividade pode ser de gran axuda e utilidade para motivar ó alumnado a aprender a materia.
.
Hot Potatoes, é un programa moi interesante e atractivo que permite xerar exercicios multimedia (crucigramas, encher ocos, relacionar, ...) que se poderían publicar nun servidor Web e difundir a través de Internet. É un conxunto de seis ferramentas de autor que te permiten elaborar exercicios interactivos basados en páxinas Web de seis tipos básicos.
O programa está formado por 5 componentes que permiten crear exercicios dinámicos de diversos tipos.
1-O primeiro componente é o chamado JCLOZE. Este permitenos elaborar exercicios de rellenar huecos. Pódese por un número ilimitado de posibles respostas correctas para cada hueco e o estudiante pode pedir axuda se ten dúbidas e mostrráselle unha letra da resposta correcta cada vez que pulse o botón de axuda. Unha pista específica pode ser tamén engadida para cada hueco. Tamén se inclúe puntuación automática.
2- O segundo componente é o chamado JMACTH. Este crea exercicios de emparellamento u ordenación. Unha lista de elementos aparecen a esquerda con elementos desordeados a dereita.
3- O terceiro componente é o chamado JMIX. Este crea exercicios de reconstrucción de frases ou párrafos a partir de palabras desconocidas. É posible especificar tantas respostas correctas diferentes como se queiran, basadas en palabras e signos de puntuación da frase base.
4- O cuarto componente é o chamado JQUIZ. Este crea exercicios de elección múltiples. Cada pregunta pode ter tantas respostas como se queira e calquer número de elas poden ser correctas.
5- O quinto componente é o chamado JCROSS. Este programa crea crucigramas , podese usar unha cuadrícula de calquer tamaño. Cómo en JQuiz e JClose, un botón de axuda permite ó estudiante solicitar unha letra no caso de que a necesite.
(Fai click sobre os nomes dos componentes para observar un exemplo de cada un deles).
A elaboración desta práctica en principio semellaba ser complexa pero coa axuda das explicacións por parte da profesora da materia na aula as miñas dúbidas resolveronse con facilidade.
Algúns inconvintes a destacar foron pequenos detalles sobre como mellorar o meu traballo pois, por exemplo, nun principio non sabía cómo enlazar un recurso con outro e ademáis o tempo para rematar toda a tarefa encomendada resultoume algo xusto. Pero finalmente,con un pouko máis de dedicación no traballo conseguin solucionar os meus problemas.
A práctica resultoume moi interesante, sobre todo porque creo que me pode ser de gran utilidade como futura docente para empregar nas clases e así empregar novos métodos para motivar os nenos/as a que aprendan dunha maneira máis dinámica. Realmente, considero que esta práctica debería estar no programa da materia nos próximos anos, pois persoalmente este traballo aportoume novos métodos de traballo para fomentar o aprendizaxe que resultan moi atractivos para todo o alumnado.